GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

Terceiro encontro desta segunda volta e terceira vitoria para un Obradoiro – Peleteiro que foi demasiado irregular ao longo do encontro.

O inicio do partido os locais foron capaces de controlar rápidamente o ritmo do choque, e a través dunha boa defensa e de rápidas transicións lograron as primeiras vantaxes no marcador. Co paso dos minutos a intensidade seguía subindo e antes do descanso o Obradoiro – Peleteiro lograba irse a máis de vinte puntos de diferenza.

Sen embargo na segunda metade os locais pecaron de relaxación e fixeron que o Basquet Coruña volvera sentirse cómodo no encontro, competindo de igual a igual nesta segunda parte.

Pese a todo, importante vitoria para o Obradoiro – Peleteiro que o próximo sábado, as 12:00 horas, viaxará a Narón nun encontro no que trataran de manter a máxima intensidade e concentración para lograr volver cunha nova vitoria.