GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

Difícil encontro o que lle esperaba ao Obradoiro – Peleteiro na primeira xornada desta segunda volta ca visita ao campo do Basket Xiria no que, tras un encontro moi serio, lograron unha nova vitoria por 47-59. 

Os obradoiristas comezaron os primeiros minutos cunha gran circulación de balón, aproveitando e ampliando as vantaxes xeradas en cada ataque para atopar sempre a mellor posición de tiro. Este traballo de equipo mantíñase ademais gracias a unha boa defensa, que obrigaba aos locais a pedir tempo morto tras un parcial inicial de 8-2. A partir deste momento, o Basket Xiria cambiou a súa defensa por unha zonal que iría variando ao longo do encontro.

O partido volveu a igualarse debido ao bo traballo dos locais e a precipitación en varios momentos dos santiagueses que, debido ás súas baixas porcentaxes durante todo o encontro, foron pouco a pouco acelerándose nos últimos minutos do segundo período.

A volta de vestiarios, o Obradoiro – Peleteiro volveu a demostrar o seu mellor nivel defensivo, deixando ao seu rival en tan só cinco puntos neste parcial para lograr unha vantaxe de doce puntos, que foron capaces de administrar durante os últimos minutos para certificar unha nova vitoria.

Serio encontro o realizado polo Obradoiro – Peleteiro na súa a visita a Carballo na que, a pesar de ter un mal día no lanzamento exterior foron capaces de manter un bo nivel defensivo e un xogo moi solidario para alcanzar a vitoria por 47-59.

A próxima fin de semana, o Obradoiro – Peleteiro recibirá no seu campo ao Sigaltec o domingo as 17:00 horas, nun encontro para o que esperan seguir subindo o seu nivel de xogo para seguir crecendo como equipo e poder alzarse co triunfo.

Parciais: 13-18, 16-12, 5-15 e 13-14.