GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

Os obradoiristas recibían no seu campo a un Baloncesto Culleredo que viña de derrotar ao que, ata o momento, era o único equipo invicto da competición: o Sigaltec de Vilagarcía. Os santiagueses tiñan claro que deberían iniciar o encontro coa máxima concentración e co máximo nivel defensivo se querían acadar un novo triunfo.

O inicio do partido estivo marcado polo gran ritmo local e, a forte presión mantida durante os primeiros minutos, unido a súa capacidade reboteadora, permitíalles anotar ao contraataque e lograr rápidamente diferenzas superiores aos dez puntos.

O segundo cuarto continuaba ca mesma dinámica: os visitantes alternaban diferentes tipos de defensas para tratar de frear o ritmo de xogo dos locais e, nos últimos minutos antes do descanso, lograban un parcial a favor que lles permitía manterse agarrados ao encontro.

Xa na segunda parte, o Obradoiro-Peleteiro tratou de cerrar o choque dende a defensa e, cunha boa capacidade para frear as penetracións rivais, foron consolidando unha diferencia que lles permitiu levarse unha nova vitoria por un 81-56 final.

A vindeira semana o Obradoiro-Peleteiro terá xornada de descanso antes de disputar os seus últimos partidos do ano visitando ao Rosalía e recibindo ao C.B. Tui.

Parciais: 23-13, 23-13, 18-12 e 17-20.