GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

Encontro dun enorme ritmo o disputado polo Obradoiro-Peleteiro en Riazor no que despois duns minutos iniciais de máxima igualdade foron capaces de superar a un combativo Basquet Coruña por unha avultada diferenza.

A saída do encontro estivo marcada polo alto nivel defensivo mantido por ambos conxuntos. A constante presión dos locais incomodaba aos santiagueses, caendo en constantes precipitacións que se transformaban en perdidas de balón, o que provocaba que se mantivera a máxima igualdade no primeiro cuarto (13-16).

Sen embargo, a partir do inicio do segundo cuarto, o Obradoiro-Peleteiro comezou a atacar con moita máis claridade a presión local o que, unido a un excelente nivel defensivo no seu 1x1, permitíalles abrir as primeiras diferenzas (7-25). Desgraciadamente, este parcial trouxo tamén malas novas e, a falta de cinco minutos, lesionouse Alejandro Carrera que se unía para o resto do encontro as baixas de Andrés Romano e Fernando Mostaza.

A volta de vestiarios a dinámica do choque mantívose: os visitantes unían unha sólida defensa a unha boa circulación de balón, o que lles permitiu ir pouco a pouco aumentando a súa renda e acabar levándose o encontro por un 45-88.

A próxima fin de semana o Obradoiro-Peleteiro recibirá, o sábado as 12:00 horas, ao Baloncesto Narón nun encontro no que loitaran por seguir crecendo.