GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

O Obradoiro – Peleteiro visitaba esta pasada xornada a pista dun rival que viña de competir ao máximo contra equipos da parte alta da clasificación. O encontro non comezou ben para os visitantes, faltos de comunicación e con demasiados problemas defensivos, e trataron de cambiar a dinámica cun tempo morto a pouco máis dun minuto do comezo do inicio e con varias rotacións.

Pouco a pouco os obradoiristas foron entrando en partido, encontrando mellores posicións de tiro fronte a defensa zonal plantexada durante todo o encontro polos locais e, sobre todo, subindo o seu nivel defensivo. O seu nivel de xogo mellorou a partir deste primeiro cuarto e lograron dominar o encontro durante os tres parciais restantes.

A pesar de que a partir do terceiro cuarto as diferenzas non baixarían nunca dos quince puntos, ningún dos dous equipos lle perdeu a cara ao encontro, competindo cada minuto ao máximo e buscando cada un as súas mellores opcións de xogo para tratar de seguir crecendo.

O final vitoria do Obradoiro – Peleteiro por un 51-72 na pista dun competitivo rival e que lles sirve para continuar crecendo de cara ao final de tempada.

Os parciais por cuartos foron: 16-18, 04-10, 16-25 e 15-19.

O próximo fin de semana o Obradoiro – Peleteiro recibirá en Montouto ao Instituto Rosalía, o domingo a partir das 17:00 horas, nun encontro no que os locais traballarán para seguir crecendo como equipo e poder lograr unha nova vitoria.