GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

Despois de seis vitorias consecutivas, o Obradoiro – Peleteiro cedeu no seu campo fronte ao Instituto Rosalía nun encontro no que perderon o control na segunda parte.

O partido iniciábase cun gran nivel defensivo por parte de ambos dous equipos, os locais forzaban ata os últimos segundos cada posesión dos visitantes pero eran incapaces de encontrar unha boa circulación de balón para irse no marcador. Pouco a pouco os obradoiristas foron encontrando mellores opcións de ataque e chegaron a dispoñer de rendas cercanas aos dez puntos.

Sen embargo na segunda parte o encontro cambiou, o exceso de pérdidas de balón por parte dos locais, unido ao seu baixo acerto dende a liña exterior fronte á sólida defensa zonal do Rosalía fixo que estes foran reducindo as distancias ata poñerse por diante nos últimos minutos do encontro.

O partido estaba totalmente aberto a falta de tan só dous minutos por disputarse pero os locais pecaron de exceso de individualismo nestes minutos e concederon demasiados tiros liberados aos visitantes que rematarían por matar o partido e levarse unha merecida vitoria por 63-74.

Os marcadores por cuartos foron: 12-10, 22-18, 16-22, 13-24.

O próximo fin de semana, o Obradoiro – Peleteiro terá que visitar a difícil cancha do C.B. Tui nun encontro clave para consolidar o terceiro posto na clasificación.