GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

Despois da última derrota no seu campo, o Obradoiro – Peleteiro visitaba ao Tui Seta Thermalia, unha pista onde os locais solo cairan en dúas ocasións durante toda a liga regular e nun momento do ano onde cada encontro comeza a ser clave para decidir os postos que dan acceso á final four.

O encontro comezaba cun bo xogo por parte de ámbolos dous equipos pero cun escaso acerto ofensivo. Os visitantes eran incapaces de anotar en boas situación de tiros e o Tui aproveitábao para comezar a lograr as primeiras vantaxes no marcador.

Os minutos continuaban pasando e xa no segundo parcial as diferenzas íanse ampliando para os locais. Os obradoiristas eran incapaces de ver aro e únicamente varias acción no último minuto permitíalles recortar algo as distancias.

Á volta de vestiarios, o nivel defensivo do Obradoiro – Peleteiro elevouse varios peldaños, concienciados para loitar cada posesión e tratar de competir o partido. Os visitantes foron pouco a pouco atopando mellores sensacións a pesar de que as diferenzas mantíñanse todavía cercanas aos dez puntos para os locais.

Sen embargo nos últimos dez minutos os obradoiristas deron o todo polo todo e, gracias a un fantástico último cuarto no que acabarían anotando trinta e nove puntos, foron capaces de igualar o marcador e darlle a volta a un durísimo encontro. Uns últimos minutos nos que o nivel defensivo dos visitantes se mantivo altísimo, unido a paciencia e o traballo en equipo, permitiu ao Obradoiro – Peleteiro alcanzar unha importantísima vitoria por 52-68.

Os parciais por cuartos foron: 13-10, 14-06, 13-13 e 13-39.

Con esta vitoria o Obradoiro – Peleteiro certifica a súa presenza na final four e pensa xa no partido do vindeiro fin de semana, o domingo as 17:00 horas, no campo do Campus Ourense Blanco Amor.