O Obradoiro – Peleteiro logra unha traballada vitoria na pista do EDO Blanco Amor (51-63)
Nun encontro marcado polas baixas en ambos conxuntos, un serio traballo defensivo dos visitantes certificou un importante triunfo. O partido comezaba cun claro dominio obradoiristas cerca do aro o que, unido a un gran nivel defensivo, lles permitía acadar rápidamente rendas superiores aos dez puntos.
Sen embargo, os locais non tiñan pensado baixar os brazos e, gracias a cada vez un maior nivel defensivo, foron pouco a pouco igualando cada parcial. O Obradoiro – Peleteiro seguía aproveitando o encontro para buscar axustes que lle permitiran crecer como equipo de cara ao final de tempada, pero atopábanse con problemas para manter bos porcentaxes dende o triple.
Xa na segunda parte os problemas de faltas persoais dos visitantes obrigoulles a reducir a súa rotación o que acabaría afectando a súa solidez a mediados do último período. Pese a todo as rendas sempre rondaron os dez puntos e o Obradoiro – Peleteiro puido lograr un novo triunfo que lle permite seguir crecendo como equipo de cara ao final de tempada.
Os parciais por cuartos foron: 6-17, 15-15, 14-21 e 11-10.
Na próxima xornada o Obradoiro – Peleteiro visitará o sábado as 16:00 horas a pista do Estudiantes de Lugo nun encontro no que trataran de lograr a vitoria para seguir con aspiracións a alcanzar a segunda praza da clasificación.