GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

Despois dunha longa tempada, o Obradoiro – Peleteiro presentábase na Final Four do pasado fin de semana en Lugo cun total de dezaseis vitorias e seis derrotas na temporada regular e moi boas sensacións nun dos mellores torneos de categorías inferiores como e o MHL Sports de Zaragoza.

Esperábase a máxima igualdade en ámbalas semifinais debido aos resultados que se deran durante a Liga Regular. O Obradoiro – Peleteiro estreábase nesta fase da 1ª División Junior contra o Sigaltec de Vilagarcía, nun encontro que despois de alternativas no marcador se decidiu no último minuto.

O encontro comezaba cun Obradoiro – Peleteiro moi serio que dificultaba posesión do rival e que grazas a unha boa circulación de balón atopaba canastras doadas nos primeiros instantes, logrando una vantaxe inicial de sete puntos. Sen embargo a carga de faltas persoais en varios xogadores fixo que o ritmo de xogo baixara e que o Sigaltec recuperara o mando no encontro durante todo o segundo e terceiro cuarto.

Nos últimos dez minutos e despois de numerosos intentos por remontar o marcador, que chegaría ata dezaseis puntos a favor para os de Vilagarcía, o Obradoiro-Peleteiro recuperou o seu mellor nivel defensivo e pouco a pouco foi reducindo as distancias. Tanto que no último minuto do encontro tivo dúas oportunidades para levarse o encontro: primeiro, tras unha gran defensa encontraron un lanzamento liberado para poñerse un punto por diante, e no seguinte ataque terían un novo intento de triple, esta vez para empatar o encontro. A fortuna non estivo do seu lado e o Sigaltec logrou un traballado triunfo que lle daba o pase a final da Final Four.

Os parciais por cuartos foron: 20-13, 12-25, 16-18, 17-15.

Finalmente sería o Estudiantes de Lugo o que acompañará ao COB ao Campionato de España como representantes galegos a vindeira semana en Bilbao. O Obradoiro – Peleteiro terá agora unha postemporada para seguir crecendo e tratar de aprender ao máximo desta tempada e loitar por competir ao máximo a seguinte.