GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

Tan só unha semana despois de verse as caras por última vez na final da Copa Galicia, o Obradoiro - Peleteiro visitou o pasado domingo a sempre complicada cancha do Tui Cogomelo.

O encontro comezaba con demasiadas imprecisións por parte de ambos equipos pero, co paso dos minutos, os visitantes ían impoñendo o seu ritmo e obrigando aos locais a solicitar o primeiro tempo morto, a partires do cal comezaron a defender nunha zona 2-3.

A falta de acerto permitía ao C.B. Tui reducir diferencias pero as continuas rotacións do Obradoiro - Peleteiro levoulles a un ritmo de xogo que, co paso dos minutos, non foron capaces de conter.

Desta forma, no segundo e o último cuarto, o Obradoiro - Peleteiro impoñería un nivel defensivo altísimo grazas ao cal atoparon un maior número de situacións de campo aberto e levaron as máximas diferenzas ao electrónico. Finalmente os obradoiristas trouxeron de Tui unha importante vitoria fronte a un sempre complicado rival.

Os parciais por cuartos foron: 17-20, 14-25, 11-15 e 11-24.

A próxima fin de semana o Obradoiro - Peleteiro xogará o seu primeiro encontro como local fronte a un Xuven de Cambados que virá cun gran ritmo de competición tras lograr hai unha semana o ascenso á Liga Galega.