GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

O pasado sábado, ás 12:00 horas, o Obradoiro Peleteiro visitaba Ourense para medirse ao sempre combativo Bosco Salesianos, nun encontro que logrou dominar a partir dos últimos minutos do primeiro período.

O partido arrancou cun ritmo trepidante por parte de ambos equipos no que a presión defensiva e o acerto de cara o aro marcaban este primeiro cuarto. Dez minutos nos que o Bosco Salesianos mantivo un grandísimo acerto dende máis aló da liña de 6,75, anotando ata un total de catro triplas cas que responder ao xogo interior visitante.

A partir do segundo cuarto, o Obradoiro Peleteiro deu un salto de calidade no seu nivel defensivo e, gracias a aportación de tódolos xogadores, comezou a dominar o ritmo do encontro. No segundo e terceiro período, os obradoiristas foron encontrando unha mellor circulación de balón o que, unido o seu bo nivel defensivo e as rápidas transicións, fixeron que puideran romper o partido e volver a Santiago cunha importante vitoria. 

Os parciais por cuartos foron: 22-29, 11-24, 10-20 e 5-10.

A próxima fin de semana, o Obradoiro Peleteiro volverá a Montouto para recibir o sábado, ás 10:00 horas, ao Seis de Nadal de Vigo.