GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

O equipo adestrado por Nacho Parajuá vence no seu campo ao Fontiñas Casa Pepe por 73-53 nun gran encontro que lle permite seguir contando os seus tres partidos por vitorias.

O partido comezou cun Obradoiro CAB – Cenor con pouco ritmo ofensivo e con moitos problemas no balance defensivo, o que soubo aproveitar a perfección o Fontiñas para lograr canastras fáciles en situacións de contraataque e de penetracións, acabando desta forma por diante 11-14 no primeiro parcial.

Os cambios no equipo local subiron o ritmo de xogo tanto en ataque coma en defensa, anotando canastras en posición cómodas e encontrando tiros liberados despois dunha boa circulación de balón. Desta forma os obradoiristas comezaban a cambiar o sentido do encontro, marchando ao descanso cun 33-25 favorable no marcador.