Vitoria do Obradoiro CAB – Cenor na súa visita a Estrada (36-72)
Nova vitoria do equipo na difícil cancha do E.D.M A Estrada nun encontro que foron capaces de romper no terceiro cuarto.
Xa desde un primeiro momento, o Obradoiro CAB non lle deu opcións ao equipo local e dominou o marcador dende o salto inicial.
Chegouse ao final dos primeiros cuartos con unha vantaxe de vinte puntos pero o terceiro cuarto foi definitivo para materializar a vitoria deixando ao equipo local en solo dous puntos. Sen embargo, nos últimos dez minutos, o equipo local non baixou os brazos e seguiu loitando a pesares das grandes diferenzas, índose a vitoria para Santiago cun marcador final de 36-72.
O próximo fin de semana o Obradoiro CAB – Cenor terá un novo encontro como visitante na cancha do Rosalía, o próximo sábado, as 16:00 horas.