GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

Partido xogado o sábado pola tarde no Lorenzo de la Torre. Nesta ocasión o equipo local recibía no primeiro partido na casa desta segunda volta ao Basketdeza.

Foi un encontro no que, a pesar da loita e traballo do sempre combativo Basketdeza, o Obradoiro CAB – Cenor mostrou a súa superioridade dende o inicio do encontro. Un bo traballo de todo o equipo que segue a crecer xornada tras xornada e que nesta ocasión acadaría a vitoria por un 71-8. Agora chega o parón de Nadal e, ata mediados do mes de xaneiro non se retomará a competición.