GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

Gran partido xogado na mañá do domingo entre o líder Peleteiro e o Obradoiro CAB - Cenor no Lorenzo de la Torre.

Os comezos foron moi igualados pero, xa a mediados do primeiro cuarto, o Peleteiro comezou a coller vantaxes no marcador gracias as continuas variantes defensivas. Desta forma, ao final do segundo período, o Peleteiro chegaba cunha diferenza ao seu favor de dez puntos.

Sen embargo á volta dos vestiarios o panorama do partido cambiou radicalmente e o Obradoiro CAB comezou a atopar solucións á defensa visitante e, gracias a un espectacular último cuarto onde lograron anotar ata 27 puntos foron capaces de levarse unha importante vitoria por 63-51.

A próxima xornada o Obradoiro CAB visitará ao ADM A Estrada.