GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

O Obradoiro CAB – Cenor comezaba o cruce pola loita polo terceiro e cuarto posto da 2ª División Junior visitando a pista do C.B. Ribeira, nun encontro no que acabaría cedendo nos últimos instantes.

Nos primeiros minutos os obradoiristas lograban aproveitar as súas vantaxes interiores para acadar unha vantaxe inicial de oito puntos no marcador, pero que rápidamente foi neutralizada polo equipo local gracias a un gran nivel defensivo. O intercambio de golpes mantívose no segundo cuarto, chegándose con empate a 32 ao descanso.

No terceiro cuarto a dinámica do encontro cambiou, os locais comezaron a realizar unha defensa zonal ante a que os obradoiristas tiñan problemas para atacar o que, sumado aos problemas de faltas persoais en varios xogadores importantes, facía que os ribeirenses volveran a dominar o marcador. Sen embargo, e pese a todo, os obradoiristas entraban no último minuto un só punto por debaixo no electrónico, pero as malas decisións nestes últimos instantes unido ao acerto do equipo local dende a liña de 6,75 facía que a diferenza se ampliara ata o 65-58 final.

O próximo domingo a partir das 10:00 horas o Obradoiro CAB – Cenor terá a volta do cruce contra o C.B. Ribeira na loita polo terceiro posto da competición.