GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

O Obradoiro segue pola senda do triunfo. Bo partido dos junior que xa desde un primeiro momento dominaron o encontro ante un rival que mostrou en todo momento a súa garra e en ningún momento do partido baixaron os brazos.

O poderío no rebote, tanto ofensivo como defensivo, foi a tónica habitual no partido, o que proporcionaba segundas e mesmo terceiras opcións ao noso junior. O primeiro cuarto foi bastante igualado e o equipo visitante chegou a ter vantaxes no marcador chegando ao final do mesmo cun 14-9 ao noso favor. A partir deste cuarto, os locais non deixaría de dominar no marcador chegándose ao final do segundo período cunha vantaxe de 11 puntos.

O terceiro e o último cuarto foron polo mesmo camiño, dominio no rebote que producían transicións rápidas e anotación fluída.

Chegaríase ao final do partido cun marcador a favor do Obradoiro de 77 a 36.