GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

Gran vitoria do equipo junior B que se enfrontaba A Estrada, que se presentaba con numerosas baixas nas súas filas.

Xa desde o principio o partido tivo unha mesma cor, a do Obradoiro CAB - Cenor. A superioridade no rebote e as rápidas transicións provocaban a superioridade no marcador. Ao primeiro cuarto chegaríase cunha vantaxe de 15 a 2 que reflectiría perfectamente o que ía ser a tónica de todo o partido. O encontro acabaría cun tanteo de 91 a 29 a favor do Obradoiro.

O final foi moi emotivo por que era o último partido de moitos dos nosos xogadores. Nico, Jacobo, Martín, Gonzalo levaban vestindo a camiseta do Obra desde Infantís, motivo de orgullo por parte do club. Darlles as grazas por todos estes anos de entrega.