GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

No primeiro cuarto non brillou a defensa de ningún dos dous equipos pero, o gran número de perdidas do equipo visitante foi aproveitado polos locais para sumar de forma doada ao contraataque e lograr as primeiras rendas ao seu favor.

O segundo parcial seguía cun ritmo de partido similar pero os obradoiristas reducían as súas perdas de balón e comezaban a atacar a presión local con maior claridade para lograr irse ao descanso cun igualado 26-25.

No terceiro cuarto, o equipo visitante deu mostras da súa calidade e comezaron a xogar en ataque con moita máis cabeza, sendo agresivos ao aro e atopando boas posicións de tiro. Sen embargo mantiñan problemas defensivos que permitían aos de Culleredo igualar o parcial nos últimos instantes (19-22).

Entrouse nos últimos dez minutos con todo por decidir e, xusto cando parecía que o Cenor – Obradoiro CAB podía remontar o encontro, volvían caer nos mesmos erros cometidos no inicio do partido, permitindo correr aos locais que aproveitaban a oportunidade para pechalo para que a vitoria se quedara en Culleredo, por un 94-78.

O Cenor – Obradoiro CAB deberá de volver a boa liña de xogo mostrada nos últimos partidos para tratar de lograr a vitoria o próximo sábado, as 18:00 horas, no pavillón Lorenzo de la Torre fronte ao C.B. Sarria.