GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

O equipo santiagués mantivo a mesma tónica e intensidade defensiva durante todo o partido pero con moi pouco acerto de cara ao aro, fallando moitos tiros libres, canastras fáciles debaixo do aro e sobre todo triplas en boas posicións de tiro.

Aínda que o equipo santiagués non estivo acertado, este é o camiño que ten que seguir no ámbito defensivo e lograr mellorar as súas porcentaxes para comezar a encadear vitorias. Xornada a xornada comezase a ver a evolución do novo conxunto obradoirista, que aínda ten unha clara progresión por diante, para o que deberá seguir traballando duro cada semana e comezar a encontrar novas solucións en ataque para eses momentos de menos inspiración exterior. Os parciais por cuartos foron: 17-9, 13-11, 8-12 e 15-12.

O vindeiro sábado terá outra oportunidade para seguir crecendo contra o Estudiantes de Lugo Leyma Natura en Lorenzo de la Torre, as 18:00 horas.