GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

O equipo santiagués empezou con moitas ganas e un gran acerto en ataque, atopando con claridade as súas vantaxes pero concedendo demasiados erros no seu balance defensivo o que fixo que o equipo visitante se fora tan só tres puntos por debaixo ao final do primeiro período (18-21).

O segundo cuarto foi un parcial do máis igualado (16-17) pero ca mala fortuna para os locais que nos últimos minutos antes do descanso se lesionou o seu pivot Rodrigo Gómez, un duro golpe para o Obradoiro que acabaría sendo clave.

Xa no terceiro cuarto, o dominio foi claramente visitante, buscando con moita lucidez as súas vantaxes e logrando un gran acerto no seu tiro exterior, o que lles permitiu abrir as primeiras brechas no electrónico (18-25).

O equipo local tentou loitar ata o final o encontro pero con pouco acerto e demasiados erros de concentración, o que aproveitaron os visitantes para levarse un merecido triunfo (68-84).

Gran partido do equipo visitante, un claro aspirante para subir a liga EBA e unha boa proba para os xovenes xogadores do Cenor – Obradoiro CAB.

O vindeiro sábado os obradoiristas terán outra dura proba contra o Cementos Cosmos C.B. Sarria, ás 18:00 horas no novo pavillón do Chantio de Sarria.