GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

Os primeiros minutos do encontro estiveron marcados pola clara vantaxe do equipo visitante no poste baixo, pero tamén polos continuos erros defensivos que permitían aos locais manterse preto no marcador.

Xa no segundo cuarto o dominio visitante fíxose patente, cun mellor nivel defensivo e máis puntos ao contraataque, os obradoiristas chegaban ao descanso nove puntos arriba.

Na segunda parte parecía que a dinámica se mantiña pero despois dun bo terceiro cuarto para os visitantes, o Rosalía lograría nos últimos minutos do encontro un grandísimo acerto dende a liña de tres puntos –un total de quince triplas no encontro- para levar o encontro ao tempo extra cun lanzamento sobre a bocina.

Na prórroga o equipo visitante conseguiu reducir a sangría de triplas dos locais e certificar un importante triunfo por 80-84.

A vindeira xornada o Cenor – Obradoiro CAB visitará a pista do PBB Construccións Castro o próximo sábado as 20:00 horas.