GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

O inicio do encontro estivo dominado polo equipo visitante que, grazas a súa boa defensa e as súas vantaxes interiores, lograba as primeiras distancias no marcador. Sen embargo, no segundo período, os locais subiron o seu nivel defensivo obrigando aos santiagueses a realizar demasiados lanzamentos exteriores, nos que non encontraban bos porcentaxes de tiro.

No terceiro cuarto os obradoiristas comezaron a mostrar lagoas en defensa, pero o seu maior tamaño baixo os aros lles permitía intimidar cada penetración local e manter unha cómoda renta de máis de dez puntos.

Nos últimos minutos, os obradoiristas viron como os de Porriño trataban de meterse de novo no encontro a toda costa, tendo que colocarse nunha defensa zonal nos últimos minutos para baixar o ritmo do encontro e pechar unha importante vitoria que lles permite seguir pelexando polos primeiros postos da clasificación.

Os parciais por cuartos foron: 9-21, 10-7, 14-18 e 23-14.

Na próxima xornada o Cenor – Obradoiro CAB recibirá no pavillón Lorenzo de la Torre ao Bosco Salesianos, nun encontro que se disputará o domingo a partir das 12:00 horas e no que trataran de lograr unha nova vitoria para seguir con aspiracións de colarse na final four.