GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

Tras un comezo de partido moi igualado cun bo ritmo por parte dos dous equipos, os visitantes foron pouco a pouco facéndose os donos do partido e, gracias a una sólida defensa, conseguiron as primeiras vantaxes no marcador ao termino do primeiro cuarto.

No segundo parcial puidose ver a un Cenor – Obradoiro CAB cunha gran capacidade ofensiva e, grazas a un magnifico acerto exterior, lograban ampliar a renda ata os dezasete puntos ao descanso.

Ante un rival tan competitivo coma o estradense, a saída de vestiarios iba a ser determinante para o final do encontro e, gracias a un excelso nivel defensivo por parte dos obradoiristas, lograron sentirse máis cómodos en contraataque e encontrar sempre a mellor opción de tiro para romper definitivamente o encontro.

Nos últimos dez minutos os locais non baixaron os brazos e seguiron loitando ata o último instante o que, unido a un menor ritmo defensivo, permitiu aos locais gañar o cuarto.

Bo partido do Cenor – Obradoiro CAB que estivo moi concentrado durante os tres primeiros cuartos e que continua co seu bo estado de forma de cara o final de tempada.

O próximo sábado as 18:00 horas o Cenor – Obradoiro CAB disputará o último encontro antes da Final Four de ascenso a EBA, recibindo no pavillón Lorenzo de la Torre ao Instituto Rosalía.