GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

Este domingo, ás 19:30 horas, o pavillón municipal El Toralín de Ponferrada acollerá o encontro no que se medirán o Residencia Las Encinas e o Obradoiro-Silleda.

O equipo ponferradino leva tres dos catro encontros gañados (ante o Instituto Rosalía, o CB Chantada e o CB Culleredo). O único partido no que coñeceron a derrota foi a pasada fin de semana, onde caeron por só un punto ante o Innova Chef.

O adestrador do equipo compostelán, Oriol Junyent, asegura que “todos os partidos serán complicados para o noso equipo, xa que estamos recén ascendidos, somos un equipo mozo e loitaremos sempre contra conxuntos xa moi veteráns”.

Oriol explicou que no caso do Residencia Las Encinas “teñen catro xogadores americanos que xogan moi ben e están secundados polos españois. Creo que é un dos mellores equipos da competición”.

O técnico confesou que “se facemos as cousas que temos que facer e estamos concentrados temos moitas opción de gañar o partido. Sen esa concentración custará moito máis. Teño moita fe nos meus xogadores porque deron un gran salto de calidade pero tamén de ganas e loita, dous factores que son moi importantes”.