GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

Dende o inicio do partido, o Obradoiro Silleda deu mostra das súas intencións e, grazas a unha alta intensidade defensiva e do seu traballo en equipo foron capaces de frear aos homes máis importantes do Residencia Las Encinas Ciudad de Ponferrada.

Xunto a este bo nivel defensivo, os obradoiristas lograron un xogo alegre no que atoparon moitas situacións de contraataque e en estático atopando sempre ao compañeiro que estaba só.

Pese ao bo nivel mostrado, o equipo ponferradino demostrou o porqué do seu cartel de favorito nesta Liga EBA e estivo en todo momento metido no encontro ata que, no último minuto, o Obradoiro Silleda logrou unha tripla e un roubo de balón que lles permitiu pechar a súa terceira vitoria nunha complicada cancha.

O Obradoiro Silleda voltará ao seu campo esta semana e farao por partida dobre: o mércores, ás 17:00 horas, contra o Innova Chef, e o domingo, ás 18:00 horas, contra o CB Venta de Baños.

Estatísticas: http://competiciones.feb.es/estadisticas/Partido.aspx?p=1892683