GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

O partido comezou cun equipo visitante moi motivado, facendo unha dura defensa, cunha gran presión na liña de pase e afogando ao equipo local en ataque.

Mentres, os locais non lograban frear os continuos 1x1 do Betanzos que tanto dende posicións exteriores coma interiores eran capaces de obter vantaxes que castigaban aos locais gracias unha boa circulación de balón. Pouco a pouco os obradoiristas foron aumentando o seu nivel defensivo e obtendo cada vez máis situacións cómodas a campo aberto para reducir a vantaxes e finalizar a primeira metade, pese a todo, soamente sete puntos por debaixo no marcador.

Tras o descanso, o equipo local estivo moito máis metido no encontro e comezaron a mellorar o seu traballo nas liñas de pase e nas súas rotacións defensivas. Con esta melloría, o Obradoiro Silleda comezou a encontrarse máis cómodo, recortando as diferencias para poñerse en varias ocasións a tan só tres puntos no electrónico.

Sen embargo, cada vez que os locais parecían estar a piques de remontar o partido, os de Betanzos eran capaces de castigar a través de seu rebote ofensivo ou con algún triple liberado. Deste xeito, con tan só tres minutos por xogar os locais parecían capacitados para darlle a volta ao encontro, pero un contraataque mal finalizado unido a un novo lanzamento visitante, pechaban definitivamente unha merecida vitoria para o Santo Domingo Betanzos. 

Os parciais por cuartos foron: 13-20, 18-18, 16-21 e 19-21.

Estadísticas: http://competiciones.feb.es/Estadisticas/Partido.aspx?p=1892729&med=0

O próximo partido o Obradoiro Silleda visita a pista do Líder, o Marín Peixe Galego, o próximo mércores 6 de Decembro as 20:00 horas.