GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

A pasada fin de semana, o Obradoiro Silleda visitaba a pista do Culleredo nun encontro entre dous rivais directos para evitar o descenso.

Comezaba o encontro con ataques moi curtos por parte dos obradoiristas, feito que aproveitaban o locais para ir logrando as primeiras vantaxes no marcador. Co paso dos minutos, tras un tempo morto e varios axustes, o equipo visitante logrou meterse de novo no partido, pero o dominio no rebote do C.B. Culleredo dificultaba a remontada visitante.

Sen embargo, a defensa do Obradoiro Silleda seguía subindo o seu nivel, permitindo varias canastras fáciles ao contraataque que lles facía irse ao descanso cun 38-39 ao seu favor.

Tras o paso polos vestiarios, os obradoiristas continuaron mostrando unha gran versión, cunha boa circulación de balón e un gran traballo defensivo que lles daba unha renda de doce puntos a falta de quince minutos para acabar o partido. Pero nese momento, os locais cambiaron de estratexia, aferráronse a unha pechada defensa zonal e invitaron ao Obradoiro Silleda ao tiro exterior, e nesta vez saíulles cara.

Pouco a pouco o C.B. Culleredo lograba reducir as diferenzas, ata darlle a volta ao encontro con dúas canastras máis adicional nos últimos minutos.

Despois de continuos intercambios de vantaxes, chegabamos aos últimos instantes coa máxima igualdade. Varios desacertos dos visitantes dáballe aos locais unha renda de tres puntos a falta de doce segundos, pero dúas grandes defensas do Obradoiro Silleda permitíalles poñerse a tan só un punto e dispoñer dun último lanzamento liberado que estivo a piques de darlles o triunfo.

Os parciais por cuartos foron: 22-18, 16-21, 12-15 e 12-7.

http://competiciones.feb.es/estadisticas/Partido.aspx?p=1892789

A próxima xornada, o Obradoiro Silleda recibirá o domingo, ás 18:00 horas, no pavillón César González Fares de Silleda, ao Residencia las Encinas de Ponferrada.