GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

O comezo do partido ía marcar o grao de concentración e intensidade en todo o encontro e, desafortunadamente, o comezo foi un descontrol por parte dos dous equipos. Os visitantes arrancaban o choque cun bo nivel defensivo que lles permitía irse ao contraataque, pero as continuas imprecisións impediulles lograr as primeiras vantaxes e provocou que os locais lle deran rápidamente a volta ao marcador.

O segundo cuarto continuaba ca mesma tónica do final dos primeiros dez minutos, cun equipo visitante moito menos agresivo e sen atopar a tecla correcta a pesar dos numerosos cambios. Deste xeito, chegábase ao descanso con vantaxe local por 40-33.

Á volta de vestiarios, o equipo visitante empezou a xogar como últimamente o estaba a facer, cunha boa defensa e correndo o campo para conseguir darlle a volta ao marcador e pasar de comezar a segunda parte sete puntos abaixo, a poñerse nos últimos minutos nove puntos arriba.

Sen embargo, nos derradeiros minutos, o Obradoiro Silleda volveu a precipitarse e baixou o seu nivel defensivo, permitindo que pouco a pouco o Venta de Baños fose recuperando a diferencia e chegase a poñerse dous puntos abaixo e contaran con posesión para empatar o gañar o partido a falta de dez segundos.

Últimos instantes e todo por decidir. A defensa visitante tivo un fallo de comunicación, deixando a un dos pívots rivais debaixo do aro para que empataran o partido. Seis segundos no electrónico e un último balón para tratar de gañar o choque, os obradoiristas prepararon unha xogada de banda que finalizaría cun alley-oop co que o Obradoiro Silleda lograba unha importantísima vitoria por 77-79.

http://competiciones.feb.es/estadisticas/Partido.aspx?p=1892819&med=0

A próxima fin de semana, o Obradoiro Silleda enfróntase contra o Alquimisa Garbajosa, o domingo ás 18:00 horas en Silleda, nun encontro no que tratarán de seguir coa boa dinámica das últimas xornadas para seguir pelexando por saír da zona de descenso.