GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

O Rio Natura Monbus Obradoiro presentou hoxe unha das súas actividades de verán dedicadas aos máis pequenos: a terceira edición do Campus Obradoiro CAB - Barbanza, que se celebrará de novo no Concello de Boiro, entre o 27 de xuño e o 1 de xullo.

José Luis Mateo, director xeral do club, explicou que "nesta ocasión a actividade se organiza xa coa colaboración da Fundación Heracles, e volverá ser en Boiro, onde se nos recibe como na casa". Nese sentido, agradeceu especialmente os apoios "do propio Concello e de Jealsa, piares fundamentais para a consolidación desta actividade na súa bisbarra". O directivo recalcou da actividade a posibilidade que dá de "compaxinar baloncesto e praia, transporte dende Santiago, numerosas actividades complementarias e visitas".

Pablo Vázquez, director do campus, explicou que este está dirixido a nenos de entre 5 e 18 anos "con actividades específicas e diferentes segundo a idade e o nivel".

Como novidade, anunciou, "este ano temos a posibilidade de

pensión completa, pasando a noite no propio Boiro, algo moi atractivo para os nenos que se suma á posibilidade de media pensión que xa había". A dirección técnica queda asumida nesta ocasión por Dan Petts, membro do corpo técnico do Rio Natura Monbus Obradoiro e adestrador do equipo júnior.

Pepe Pozas será o un dos convidados deste ano ao campus, entre outras sorpresas. O malagueño animou os pais a que se "lancen a aproveitar estes campus que aos seus fillos lles encantan", contou que a súa experiencia cos campus "foi sempre moi enriquecedora" e garda aínda moitas anécdotas da súa participación neles. "A un xogador profesional non lle custa nada ir, xa que ve como isto marca os nenos, que o dan todo e poñen o seu mellor sorriso, algo que che fai pasalo ben a ti tamén", engadiu.

A inscrición pódese realizar xa nas oficinas do club (abertas de luns a venres de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas), ata o 20 de xuño ou ata completar prazas. Tamén cubrindo o formulario de inscrición dispoñible aquí e enviándoo xunto ao resgardo do pagamento (na conta Abanca ES92-2080-0375-1130- 4001- 6453) a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. As tarifas, con desconto para accionistas, abonados, membros da canteira do club ou irmáns, van dende os 70 euros aos 295 euros.

 

 

XERAL

ACC/ABO

CANTEIRA

IRMÁN/IRMÁ

ACTIVIDADE

120

100

60

70

ACTIVIDADE + COMEDOR +TRANSPORTE (desde SDC)

170

150

110

120

PENSIÓN COMPLETA (ALOXAMENTO)

295

275

235

245