GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

O Rio Natura Monbus Obradoiro reuniuse ao completo para a habitual foto de familia con todos os equipos das categorías base do club. Reuníronse desde os Babybasket ata os Senior co primeiro persoal no Multiusos Fontes do Sar para coñecer quenes serían os seus padriños.

Á cita non faltou o corpo técnico ao completo, así como varios representantes das firmas que sustentan as categorías inferiores do club: Ana Caruncho, directora de Márketing do Grupo Cenor; Luís Rilo e Luís Peleteiro, do Colexio Manuel Peleteiro; Rafael Taboada e Mª José Lama, de Condutores Eléctricos Revi; e Suso Branco, do Alba Café Bar.

Tras a foto de familia chegou a quenda de que os integrantes da canteira descubrisen se as súas peticións de padriños foran concedidas. Así, Santi Yusta convertíase no padriño dos máis pequenos (Babybasket), adestrados por Pablo Iglesias. Tamén viron o seu desexo concedido os preminibasket de Lucas Piñeiro e Enrique Montero, que foron apadriñados por Alberto Corbacho. Dan Petts e Luís Pio, viron como os seus equipos Mini (Obradoiro Azul e Obradoiro Vermello) eran escollidos por Nacho Llovet e Deividas Dulkys, respectivamente.

Os dous equipos infantís, adestrados ambos por Iago Rodríguez e Alejandra Rodríguez, optaron por escoller a Pepe Pozas e Fran Cárdenas. O base Mickey McConnell fíxose mecenas do equipo cadete adestrado por Camilo Riveiro, mentres que os cadetes de David Arias recibiron como padriño ao veterano Txemi Urtasun. Os junior adestrados por Denís Pombar e Dan Petts recibiron con alegría aos seus padriños, Shayne Whittington e Rosco Allen, á vez que o segundo equipo xuvenil, con Nacho Parajuá como técnico, comprobou que serían os lituanos Osvaldas Matulionis e Eimantas Bendzius quenes os acompañasen. Por último, o equipo senior, en mans de Oriol Junyet e Denís Pombar, foron apadriñados por Artem Pustovyi e Adam Pechacek.