GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

O Cenor Obradoiro CAB fíxose esta fin de semana co título de Subcampión da 1ª División Cadete Masculina tras vencer na F4 ao Rosalía Fedesa en semifinais (53-63) e na final ao Alter Saude Peixegalego Marín (69-52).

Así, coa consecución desta segunda posición, o Cenor Obradoiro CAB clasifícase de forma directa para o Campionato de España Cadete, que terá lugar a partires do 20 de maio en Lleida. Ao finalizar o encontro, José Manuel Castelao, como representante da Federación Galega de Baloncesto, fixo entrega da Copa do Subcampión.

Os integrantes deste equipo levan xogando xuntos dous anos. A temporada pasada competiu en 2ª División, quedando campións da mesma conseguindo o ascenso á Liga Galega. O seu adestrador, Camilo Riveiro, explica que o equipo estos dous anos “demostrou gran ambición, competitividade e ganas de superarse, xa que debutamos esta temporada en Liga Galega e agora debutaremos no Campionato de España”.

Camilo detalla que durante a temporada o equipo “foi de menos a máis. Tiñamos o claro obxectivo de acadar a permanencia xa que eramos novatos na Liga. A medida que se sucederon os encontros, o equipo foi mellorando e gañando confianza, indentidade e carácter dende a defensa, vendo que eran capaces de competir cos grandes da Liga e así logrouse a clasificación á F4. Quero destacar o gran estado de forma física na que chegou o equipo a esta fase final, e todo grazas ao gran traballo do adestrador axudante e preparador físico, David Arias”.

O adestrador quere dar as grazas polo esforzo un a un aos seus xogadores: ”Quero agradecer profundamente a todos os xogadores polo gran grupo humano e de traballo que formaron onde demostraron que o máis importante é o equipo e por todo o esforzó realizado ata agora, aínda que non rematamos xa que queda o millor! Así que grazas a Cibrán Pérez, Iago Rodríguez, Iago Villanueva, Manuel Calaza, Martín Rodríguez, Manuel Fernández, Hugo Rey, Carlos Rodríguez, Anxo Iglesias e Mateo Queiruga. Tamén aos xogadores do segundo equipo cadete, que tiveron gran protagonismo no equipo: a Yago Martínez, Pablo Balsa, Jorge Cubero e Dani Negreira. E non me quero esquecer dos infantís, que se sacrificaron dobrando encontros e adestramentos: a Iago Ferreiro, Fran Fuentes, Yago Díaz, André Cerdeira e Carlos Iglesias”.

A progresión e melloría dos nosos equipos de canteira, tanto como xogadores como persoas, no sería posible sen a colaboración dos nosos patrocinadores: Monbus, Cabreiroá, Cenor Electrodomésticos, HM Rosaleda, Colexio Peleteiro, Ozona Consulting, Indusal, Vermú St. Petroni e Carpintería Ramón García.