GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

A Fundación Heracles traballa na potenciacion da práctica do baloncesto en Galicia a través das categorías base do Monbus Obradoiro, equipo asentado na Liga Endesa. Mediante o seu convenio de colaboración, as categorías reciben o apoio social, loxístico e económico da Fundación.

As categorías base do Monbus Obradoiro son un proxecto recente no seu formato, pero cunha proxección a longo prazo segundo a que a cidade de Santiago de Compostela da man do club poderá contar nun futuro con xogadores de baloncesto de primeiro nivel dun amplo abanico de idades.

Os piares nos que se sostén esta canteira son o seu carácter social, que fomenta a non discriminación de ningún tipo, e o seu modelo de formación integral, que imparte unha educación deportiva completa tanto na vertente física como na psicolóxica.

OBXECTIVOS

Aínda que o peso de cada un varía segundo o traballo específico de cada categoría, os obxectivos das categorías base do Monbus Obradoiro son os seguintes:

Educativos: Inculcar valores varios tales como compromiso, respeto, traballo en equipo, e a cultura do esforzo como premisa básica.

Físicos: Promover entre os nenos as características dunha vida saudable da man do deporte, unida a outros hábitos de vida sans como a boa alimentación, a hixiene persoal, etc.

Psicolóxicos: Fomentar hábitos tales como a concentración, atención, imaxinación, etc.

Técnicos: Mellorar de forma individualizada as habilidades e recursos de cada xogador dentro do campo: mecánica de tiro, bote, axilidade nos movementos sen balón, etc.

Tácticos: Ensinar o proceso da toma de decisións en diferentes situacións de xogo e ao entendemento da estratexia no ámbito do baloncesto.

QUERES SER PARTE DAS CATEGORÍAS BASE DO MONBUS OBRADOIRO?

No mes de setembro de cada ano, realizase unha xornada de captación de xogadores totalmente aberta á que poden asistir tódolos interesados en formar parte do club durante o resto da tempada.

Unha vez comezada a tempada, o club permanece aberto á recepción de novos xogadores sempre que non estea completo o cupo federativo da categoría á que lle correspondese unirse. Podes consultar se hai praza en calquera momento dirixíndote a Camilo Riveiro. 

CONTACTO

Director de Categorías Base Obradoiro CAB – Camilo Riveiro: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. – 637 313 709 – 

Coordinador administrativo – Denís Pombar – 617 999 287 –