GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

O Cenor-Obradoiro CAB comezou cunha sufrida e traballada vitoria na Fase de Ascenso a Liga Galega ante o Mecos de O Grove. Tras un inicio con moito ritmo e intensidade por parte dos dous equipos, o equipo compostelán conseguía que ataques efectivos gracias aos bos contraataques e chegouse ao final do primeiro cuarto un punto por debaixo dos visitantes (15-16).

No segundo tempo, o equipo local atascábase en ataque e permitía moitas canastas en penetracións de un contra un o que fixo que o Mecos collera ventaxa no marcador e se puxera 10 puntos por riba no descanso (21-31).

Na segunda parte, os de Camilo saíron máis intensos e activos en defensa, pechando as principais vías de anotación dos visitantes, e comezaron a recortar a diferencia no marcador. Non foi ata as últimas posesións cando cun triple, dous tiros libres e una canasta nos últimos segundos, o Cenor-Obradoiro CAB adiantou ao Mecos no marcador para chegar ao 54-52 final.

Trátase dunha victoria moi traballada que motivará e dará confianza ao equipo para seguir construíndose e mellorando.