GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

O equipo conseguiu a décima vitoria consecutiva nesta 11ª xornada da segunda división galega.

O partido comezou cun altísimo ritmo imposto por ambos os equipos, onde aos poucos foi pesando a supremacía debaixo dos taboleiros dos do Obradoiro, que aos poucos empezaban a coller vantaxe no marcador. O dominio do rebote defensivo e a boa saída do balón permitía aos visitantes anotar en transicións rápidas e en ataque ter mais oportunidades de tiro capturando moitos rebotes ofensivos.

No segundo cuarto, os locais axustaron máis a súa defensa e a disputa do rebote defensivo, foron mais agresivos atacando a canastra e puxeron rápidamente ao Cenor - Obradoiro CAB en problemas de faltas. Aproveitaron así esta situación conseguindo oito dos dez puntos do cuarto desde a liña de tiros libres.

Na segunda metade, os do Obradoiro continuaron impoñendo o seu alto ritmo de xogo, presionando a saída de balón dos do Rosalía, forzándoos a cometer erros e así aproveitar para seguir aumentando a diferenza no marcador. Todos os xogadores saían a pista con gran concentración e intensidade, e o equipo dominaba o partido en todas as facetas do xogo.

O próximo fin de semana, o Cenor -Obradoiro CAB recibe ao Peleteiro C, o sábado as 16:00 horas no pavillón Lorenzo de la Torre, na última xornada de Liga Regular antes dos cruces pola loita do primeiro posto da Liga Local de Santiago.

Parciais: 10-22, 10,15, 4-23 e 6-24.