GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

O Cenor – Obradoiro CAB consegue a súa novena vitoria seguida na Liga Regular da 2ª División de Santiago.

O partido foi dominado de principio a fin polos obradoiristas, que mandaban en ambos os taboleiros, aspecto que lles daba a posibilidade de correr o campo e de ter segundas e ata terceiras opcións de tiro.

Os locais demostraron gran actitude e seriedade en todo o transcurso do xogo e puideron realizar boas transicións ofensivas unidas a un bo traballo na circulación do balón e na selección de tiro, así coma unha notable melloría na responsabilidade individual en defensa.

A próxima xornada enfrontaranse ao Rosalía Fedesa.

Parciais: 22- 8, 23-4, 28-4, 29-6.