GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

O partido empezaba con boas sensacións de fronte ao aro rival para os obradoiristas que tentaban coller vantaxe no marcador, chegando a sacar sete puntos, pero o Compañía mantíñase no partido grazas ao acerto desde a liña de tiros libres, acabando o primeiro cuarto 13-17.

No segundo cuarto os visitantes subiron o ritmo de ataque e a intensidade defensiva, que lles permitiu coller unha diferenza de dezasete puntos para chegar ao descanso do encontro cun marcador de 25-42.

Tras unha saída con algunhas dúbidas e imprecisións, ao comezo da segunda parte o Cenor-Obradoiro CAB colleu o mando definitivo do partido cunha defensa agresiva e presionante en todo o campo, provocando numerosas perdidas e tiros forzados dos locais. En ataque conseguían anotar en transicións rápidas xestionando ben as superioridades e gran acerto en tiros liberados tras boa circulación de balón, conseguindo así un parcial no terceiro cuarto de 7-30 ao seu favor.

No último cuarto os visitantes xogaron cómodos e xestionando ben a vantaxe no electrónico, para chegar ao marcador final de 43-86. Vitoria importantísima para o conxunto obradoirista de fronte ao partido de volta a disputarse o vindeiro sábado en Lorenzo de La Torre, xa que leva unha vantaxe de 43 puntos.

Os parciais de cuartos foron 13-17, 12-25, 7-30 e 11-14.