GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

No encontro de volta das semifinais da 2ª División cadete, os obradoiristas afrontaban o choque contra o Compañía de María cunha vantaxe de corenta e tres puntos ao seu favor, o cal se viu reflectido na pista nos primeiros minutos cunha sensación de relaxación de tódolos xogadores. Así, os visitantes ían crecéndose pouco a pouco e, grazas a un gran acerto dende a distancia, levaron o mando do encontro durante toda a primeira parte.

Tralo descanso, o Cenor – Obradoiro CAB comezou a impoñer o seu xogo e a recortar as distancias no electrónico ata poñerse a tan só dous puntos, pero os visitantes, con tres triplas case consecutivas mantiveron as distancias ata o 56-60 final.

Os parciais por cuartos foron: 10-19, 18-20, 16-8 e 12-13.

Este resultado clasifica ao Cenor – Obradoiro CAB a final da liga de Santiago contra o Rosalía Fedesa.