GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

Os de Camilo continúan con bo pé na disputa do ascenso á primeira división con 2 vitorias nos 2 partidos xogados.

O partido disputábase o mércores pola mañá no pavillón Lorenzo de La Torre cun gran ambiente. Comezaba con ambos equipos mostrando os seus puntos fortes e intercambiando canastras. Os do Obra cargando xogo interior e facendo boas lecturas a partir destas situacións, e os do CB Culleredo buscando aproveitar os espazos e o potencial no 1x1.

Aos poucos, os locais foron dominando o ritmo do partido e sacando algo de diferenza no marcador, poñendo unha gran intensidade defensiva, pero cometendo moitísimas faltas que o penalizaban dando moitas opcións de tiros libres ao conxunto visitante. Así chegaban ao descanso cunha marcador de 41-33 favorable aos locais.

Na segunda parte, o CB Culleredo expuxo unha defensa zonal que atacou por momentos aos do Cenor Obradoiro, pero xogando situacións con mais control e xogo colectivo, foron capaces de ler e atopar solucións para anotar.

Os parciais de cuartos foron 22-18, 19-15, 7-7 e 20-15.

Gran vitoria moi traballada por todo o equipo que o deixa momentaneamente líder en solitario deste grupo norte de fase de ascenso.

A próxima xornada é de vital importancia para a clasificación desta liguiña, onde os obradoiristas viaxan A Coruña para enfrontarse co Basquet Coruña, o domingo ás 17 horas.