GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

Na fría mañá do sábado, ás 10 horas, xogábase no pavillón de Fontecarmoa, en Vilagarcía de Arousa, o partido correspondente á duodécima xornada da liga galega cadete fase norte, entre o Sigaltec e o Cenor Obradoiro.

O partido comezaba xa desde os primeiros minutos cun Cenor Obradoiro moi concentrado e intenso e aos poucos xa comezaba a abrir distancias no marcador.

O equipo local non se achicaba nin lle perdía a cara ao partido e a base dun xogo directo cara a canastra eran capaces de abrir brecha na defensa obradoirista, recortando distancias para chegar ao descanso cun 26-34 no marcador.

Na segunda parte, os obradoiristas saíron máis intensos, imprimiron un ritmo máis alto de partido e atopaban camiños á canastra con boa circulación e trato do balón contra a defensa de presión ao balón do Sigaltec. Así continuaron dominando o encontro para levar a vitoria con gran esforzo e achega de todo o equipo.

Os parciais de cuarto foron: 13-22, 13-12, 6-21 e 4-9.

O próximo partido o Centro Obradoiro visitará ao Instituto Rosalía, o xoves 8, ás 20 horas, no pavillón dos colexiais, por un punto importante para levar á segunda fase, tendo asegurada matematicamente a clasificación á devandita fase ambos os equipos.