GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

O xoves 8 de febreiro, ás 20:00 horas, xogábase no pavillón do Instituto Rosalía, en horario adiantado o partido pola xornada 13 da Liga Galega fase Norte, entre o Instituto Rosalía e o Cenor Obradoiro CAB.

O partido comezaba cun intercambio de canastras de ambos equipos, cun Rosalía acertado desde mais alá dos 6,75, que movía ben o balón e que era capaces de atopar tiros liberados tras a defensa presionante de 2x1 ao balón dos obradoiristas.

No segundo cuarto, os visitantes controlaron mellor estas situacións, pero os locais facían moito dano dominando o rebote ofensivo, e chegaban ao descanso con 12 puntos de vantaxe no marcador (37-25).

Tras o paso polos vestiarios, os obradoiristas saíron con moita máis intensidade na defensa do 1x1 e mellor actividade no peche do rebote defensivo, e a partir de aí foron capaces de comezar a coller o ritmo do partido, recortando a vantaxe do descanso e poñéndose tres puntos arriba co último cuarto por xogar.

No último tempo, continuaron mandando os do Obra grazas á intensidade defensiva e bo xogo colectivo en ataque, sendo capaces de sentenciar o encontro e ademais gañar o basketaverage por un eventual empate de posicións na clasificación.

Os parciais de cuartos foron: 18-14, 19-11, 6-21 e 11-18.

O próximo partido, o Centro Obradoiro recibe ao Seguros Fraga de Ferrol na última xornada da fase Norte da Liga Galega, o sábado 17 de febreiro, ás 18 horas, no pavillón Lorenzo da Torre.