GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

Este domingo chegou unha nova derrota para o Obradoiro CAB-Cenor no partido contra o Rosalía Fedesa (24-49), no pavillón Lorenzo de la Torre.

Primeiro partido da segunda volta, contra o primeiro clasificado. Ao comezo o Obradoiro CAB-Cenor intentou plantar cara cuns bos primeiros minutos en defensa. Pero en canto o Rosalía se asentou no partido defensivamente, conseguiron varias canastras fáciles que abriron brecha no marcador (6-21). No segundo cuarto seguiron os problemas en ataque para o Obradoiro CAB-Cenor, anotando só tres puntos neste período. Así chegouse ao descanso co marcador reflexando un 9-34.

No cambio de período o Obradoiro CAB-Cenor, aproveitando a relaxación do Rosalía Fedesa pola súa vantaxe, subiron a intensidade defensiva o que se viu reflexado no parcial do terceiro cuarto (4-9). Xa no ultimo cuarto o parcial foi máis axustado debido a que os de David Arias non quixeron perderlle a cara o partido e acadaron un 8-13 nese parcial.

Unha derrota a priori predicible pola clasificación, que deixa sensacións contrapostas. O resultado castigou moito aos xogadores do Obradoiro pero quedan destellos do traballo e da mellora ao longo dos encontros.