GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

O conxunto obradoirista encadea dúas vitorias consecutivas na 1ª División Galega Infantil. Desta volta, o conxunto derrotou a un dos mellores equipos da categoría, o Estudiantes de Lugo, por 73-55.

Nun grandísimo encontro, os locais foron mellores en tódalas facetas do xogo, con moito acerto en ataque e impoñendo claramente a súa defensa (deixando aos lucenses en tan só cinco puntos no derradeiro período). Os parciais foron 21-18, 18-17, 15-14 e 19-5.

Na próxima xornada, o Cenor - Obradoiro CAB medirase ao Basket Coruña, o domingo as 12:00 horas, na cidade herculina.