GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

Os obradoiristas gañaron con claridade ao Basquet Coruña por 49-84 nun encontro que lles permitía certificar de forma matemática a salvación e que pon un bo broche a unha gran tempada podendo disputar a Final da Copa Galicia.

Os santiagueses foron superiores en tódalas facetas do xogo e lograron, xa na primeira parte, unha renda importante. Tras un primeiro cuarto igualado, os visitantes abriron diferenza no marcador antes do descanso cun parcial de 10-25 no segundo tempo no que os rápidos contraataques permitiron aos obradoiristas escaparse no electrónico.

Na segunda metade, lonxe de confiarse, os obradoiristas seguiron fortes en defensa e con criterio en ataque. Desta forma lograron gañar cada parcial e pechar unha meritoria vitoria.

Os parciais por cuartos foron: 15-17, 10-25, 17-23 e 7-19.

A vindeira xornada o Cenor – Obradoiro CAB disputará o último encontro da tempada como local, e será o sábado, as 12:00 horas, no pavillón Lorenzo de la Torre fronte o Seis do Nadal.