GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

Os obradoiristas xogaron un bo partido no que foron capaces de despregar o seu mellor xogo a pesar de non encontrar acerto no tiro exterior. As súas baixas porcentaxes en boas posicións de tiro fixeron que o partido se mantivera igualado durante os corenta minutos. Sen embargo, o seu gran nivel defensivo permitiulles alcanzar unha gran vitoria nos segundos finais.

A falta de poucos segundos e con empate a 44, os pobrenses dispuxeron de posesión para evitala prórroga, pero a defensa agresiva dos obradoiristas conseguiría roubar o balón e anotar unha tripla sobre a bucina para poñer o 47-44 final.

Con esta vitoria, o Obradoiro CAB – Cenor remata a tempada cunha gran progresión que tratará de manter na Copa Primavera de Santiago, que comezará nas vindeiras semanas.