GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

Coa clasificación xa asegurada, chegaba o último rival do grupo B, o Cidade de Lugo, a visitar Montouto nun encontro marcado polo desacertó durante moitos minutos de xogo. Con dous equipos todavía en construcción, os locais aproveitaron ao máximo o encontro para seguir pulindo detalles de cara a final de Copa e, sobre todo, de cara ao inicio da Liga Regular.

O encontro comezou con máxima igualdade debido á precipitación e falta de orde dos santiagueses ao inicio de partido. Pouco a pouco o Obradoiro-Peleteiro foi aparecendo no parqué e, a través dunha mellor defensa individual, conseguiron unha renta no segundo tempo.

Na segunda parte, os composteláns atoparon a súa mellor versión e, gracias a unha boa circulación de balón e xogo moito máis solidario, foron capaces de romper o encontro e levarse a vitoria por 63-40.

A próxima fin de semana chegará o momento da fase final da Copa Galicia, unha final four na que o Obradoiro-Peleteiro comezará enfrontándose ao Sigaltec de Vilagarcía, mentres que na outra semifinal competirán o Rosalía e o COB de Ourense.

Parciais: 12-14, 26-11, 15-8 e 10-7.

Obradoiro-Peleteiro: Melini, E. (21), Blanco, J. (9), Barbosa, D. (8), San Martin, J. (8), Carrera, A. (4) Rivas, B. (4), Fernandez, M. (4), Furelos, S. (2), Mostaza, F. (2), Lope, S. (1).