GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

Despois da intensa pretemporada que supuxo para os composteláns a Copa Galicia, chegaba o momento de comezar a Liga fronte a un sempre incómodo rival, como é o Basket Xiria de Carballo. Foi un partido de ritmo no que a igualdade no electrónico marcou o choque ata os minutos finais.

Nos primeiros minutos de xogo ambos equipos realizaron unha seria defensa que daba mostra do ritmo que tería o encontro. Despois de varios intercambios de ataque sen fortuna, o Obradoiro-Peleteiro comezou a controlar o ritmo de xogo e, a través dunha sólida defensa, sumaron puntos cómodos no contraataque. A renta comezaba a superar a barreira dos dez puntos pero xusto cando os santiagueses lograban aumentar a diferenza ata os 16 puntos, comezaron a errar nos pases tratando de buscar o balón interior e foron dando moral pouco a pouco os de Carballo. Os visitantes pasaron a controlar o ritmo do partido e, con varias canastas de mérito, rematarían indo ao descanso por diante no marcador.

Á volta dos vestiarios, os locais tiñan unha premisa clara: controlar o ritmo do partido e non permitir superioridades en ataque ao rival. Desta forma, e con moita máis serenidade, voltaron a levar a iniciativa no marcador, logrando un parcial de 18-6 no terceiro cuarto. No último tempo voltou a igualdade, cunha fortísima loita na que finalmente sairía vencedor o Obradoiro-Peleteiro por 62-53.

A próxima fin de semana o equipo viaxará a Vilagarcía para enfrontarse ao Sigaltec nun encontro no que tratarán de obter unha nova victoria.

Parciais: 22-12, 10-22, 18-6 e 12-13.

Obradoiro-Peleteiro: Blanco, J. (15), San Martin, J. (11), Mostaza, F. (10), Melini, E. (8), Lope, S. (5), Barbosa, D. (4), Furelos, S. (4), Carrera, A. (4), Rivas, B. (-), Kovac, A. (1) y Villadoniga, V. (-).