GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

Os obradoiristas chegaban a Narón cun plantel mermado polas baixas e á que ao longo do encontro se lle sumarían dúas máis por torceduras de nocello pero, a pesar de todo, foron capaces de realizar un serio encontro para seguir ca súa progresión.

O partido comezou cun alto ritmo de xogo por parte dos dous equipos e, despois duns minutos iniciais sen apenas acerto, os visitantes comezaron a anotar en contraataque para conseguir as primeiras diferenzas no marcador. Durante todo o encontro, o Obradoiro – Peleteiro levou a iniciativa no marcador, controlando o ritmo do xogo a través dunha boa defensa e do dominio no rebote, pero o bo traballo do equipo local, unido aos momentos de irregularidade dos obradoiristas, fixo que a diferenza final no fora máis amplia.

Na vindeira xornada o Obradoiro – Peleteiro recibirá no seu campo, o domingo as 17:00 horas, ao Cidade de Lugo, nun encontro para o que terán que lograr unha maior regularidade para tratar de alcanzar a vitoria.

Parciais: 12-20, 16-24, 18-21 e 17-21.