GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

O Obradoiro CAB-Cenor impúxose ao Basketdeza (19-80) nun encontro que se disputou no pavillón municipal de Lalín.

Aínda que durante os primeiros minutos do partido o equipo junior do Basketdeza colleu unhas pequenas rentas no marcador, o equipo dirixido por Nacho Parajuá chegou ao final do primeiro cuarto cunha lixeira vantaxe no electrónico (8-16). A partir deste primeiro cuarto o Obradoiro CAB-Cenor non perdeu en ningún momento a vantaxe grazas a unha gran defensa da liña de pase e a súa superioridade no rebote, o que propiciou transicións rápidas e canastras fáciles.

Trátase dunha nova vitoria que permite aos junior coller confianza no xogo e seguir crecendo como equipo.