GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

Despois dunha gran tempada chegou o final de liga para o equipo Obradoiro CAB – Cenor, que non foi capaz de darlle a volta ás semifinais contra o Instituto Rosalía. Nun encontro de volta no que competiron durante os corenta minutos, os visitantes acabaríanse levando unha merecida vitoria do pavillón Lorenzo de la Torre por un 54-65 final.

Xa desde o inicio do encontro os visitantes comezaron mandando no electrónico. O déficit local na súa defensa en 1x1, unido aos baixos porcentaxes no lanzamento exterior, foi o que fixo que durante todo o encontro os obradoiristas non foran quen de igualar o marcador. Pese a todo os locais nunca lle perderon a cara ao encontro e estiveron por debaixo dos dez puntos de desvantaxe durante todo o encontro.

Finalmente derrota local contra un serio Instituto Rosalía de Castro que non empaña para nada unha notable temporada do Obradoiro CAB – Cenor.